1984

Lin esta obra no seu formato de libro electrónico en primaveira deste mesmo ano e en realidade encantoume, básicamente creo que entre os clásicos da ficción distópica encadrada dentro da ciencia ficción é un dos mellores.

Pero analicemos as razón polas que o digo, neste libro, o protagonista, Winston Smith é conscente xa a mediados da súa vida de que se está producindo unha sustitución dos datos reais polos falsos. Pero quen pode dicir que a verdade non é o que dicta o partido se non hai probas? Nestas anda o noso personaxe que básicamente se encarga de intercambiar datos reais por falsos.

 

Unha das premisas máis interesantes desta novela e que cando o protagonista consegue a conciencia sobre si mesmo e o compromiso fiel de derrotar o partido ao ver a explotación exercida por eles ao organizar a sociedade en castas a loita xa está perdida, algo do que somos conscentes xusto ao final, grazas ao control exercido polo poder por medio da policía do pensamento e do ministerio da verdade.

 

Tamén é unha reflexión sobre o ser humano nun estado de opresión e odio continuo que se acaba volvendo monotonía ao punto de ver na vida cotiá das persoas un fanatismo inculcado nelas xa dende o momento en que son nenos.

Tamén están as duas premisas que máis me chamaron a atención, a neolingua encargada de que as persoas teñan menos palabras para formular ideas que incurran en crimental e a guerra constante para xerar odio e controlar a poboación.

Tamen me chamou a atención pola alta empatía que te fai experimentar có protagonista ao punto de sentir verdadeira mágoa pola súa fin.

 

O Brexit

A todos sorprendeunos  a primeira hora do venres a nova de que o referéndum sobre a permanencia de Reino Unido na Unión Europea dera un non.

Pero primeiro temos que analizar as causas, como os fallos da Unión Europea, podemos empezar sicindo a falta de transparencia nas súas decisións ademias de que hai institucións que non están controladas polo parlamento europeo que se supón que nos representa como o Banco Central Europeo e a iso hai  que engadir que a mayoría das institucións funcionan por medio de ministros que non foron nin sequera nomeados polos seus cidadáns sen esquecer a baixa participación dos cidadáns europeos nas eleccións a istes órganos.

Logo temos os problemas periféricos que son na súa mayoría o duro golpe que supuso a crise económica e a emigración causada por guerras estranxeiras e a crise interna que supón a auxe de grupos populistas de extrema dereita que se aproveitan dos fallos diste grupo internacional para alentar a votantes euroescépticos e en moitos casos alientar a xenofobia.

 

Pero ante estes problemas a U.E debería reaccionar transformando as súas institucións nun referente e modelo a seguir polo resto dos países europeos transformando os anquilosados organismos europeos en espazos de debate aberto a cidadanía porque a reforma da U.E non se pode facer mediante tratados con dous ou tres países rebeldes senón dende dentro.

 

A democracia directa sería una boa decisión porque xa que os nosos países ceden  a súa soberanía a unha institución   supranacional  deberíamos ser nós os que tomásemos as decisións correspondentes a xestión do proxecto común e que as diferentes cámaras simplemente servisen de guía orientativa.

 

 

A literatura de Lovecraft

Moita xente coñecerá xa a un grande da literatura estadounidense, H.P Lovecraft, aínda que desgraciadamente non foi moi coñecido en vida deixou una destacable obra(entre el e o seu círculo) que cómpre analizar. Básicamente porque eu creo que son relatos bastante amenos e interesantes que espertan no lector imaxinativo un sentimento de atracción que acaba nunha especie de medo rematado en ansiedade ou, simplemente, curiosidade acerca do destino final(sobre todo tráxico) dos seus personaxes.

Empecemos por aí, os personaxes, parte esencial de calquer historia, toma aquí un cariz de  presa, de morto que non o sabe, de suxeito que non sabe o que lle ven ata que non é demasiado tarde; facendo esta síntese vou destacar un par de características que comparten todos os protagonistas. Son persoas que dun xeito ou outro están relacionadas coas sectas ou vense obrigados a entrar nesa atmósfera acabando sendo presa da súa indagación.

Logo podemos falar do espazo destacando as típicas zonas de confort do relato de terror como poden ser igrexas abandoadas ou mansións pero aínda así destaca pola utilización dun ambiente non moi explotado ata a data, esto é, o mar, polo que hai que sinalar que na primeira mitade do século xx non se coñecía básicamente nada das profundidades mariñas, pero que este espazo case sempre ubicado en Nueva Inglaterra

Despois hai que falar da acción, trancorre utilizando múltiples adxectivos e meténdonos dentro da acción mediante a utilización do verdadeiramente importante, os deuses primixenios e o seu séquito.

En conclusión quero dicir que me gustaron moito esta serie de relaos destacando “a sombra sobre Insmouth” e “o morador das teneblas” gustándome o terror cósmico e surrealista que presenta seres abominables e de dubidosa interpretación moral.

A sombra na escuridade

Era un día frio e áspero, a chuvia caía  como coitelas esperando abrirse  paso entre a carne dun inesperado viaxeiro que paseaba intentando chegar o máis rápido posible a dirección que lle deran para entregar un paquete , o cal levaba baixo a roupa para tentar que non se empapase.

Uxío sentíase cada vez máis desconcertado, era a primeira vez que o enviaban a entregar un recado a esa zona e cós seus vinte anos nunca pisara ese lugar. Era un pobo metido dentro da fraga, coa mayoría das casas en apariencia abandoadas con matogueiras e demais maleza penetrando empapadas pola chuvia dentro daquelas vellas casas.

Dixéranlle que tiña que entregar un paquete nunha dirección que quedaba relativamente lonxe do seu lugar de reparto, algo extraño xa que nunca lles pedirán enviar aí nada, nin una carta, nin sequera una postal.

Mentres ía entrando no pobo o vento levaba follas das árbores que exhibían orgullosas e resesistentes o seu follaxe decadente que se ía caendo pouco a pouco e nises intres, de anaco a anaco porque parecía que con cada cheiro do vento a árbore morría e resucitaba cada vez que amainaba.

Uxío loitando contra a chuvia e o vento ululante conseguiu chegar á casa que requería o seu envio. Podemos dicir que non parecía máis vella que as demais, nin máis antiga que a igrexa, érgueda e ameazante nun outeiro que case era tapado pola brétema que se desatara xusto cando chmou a porta.

Uxío abriu ben os ollos, que facía toda esa néboa nese lugar?, onde estaba a chuvia?, que lle pasara ao vento?.                                                 Porque mentres estaba a pensar nas súas cousas  decatouse de que apota abrírase, non sabía nin cando, nin por que, pero aí estaba, imponente e ominiosa como se tivese todo o poder e non se fixara en ninguén tan insignificante coma el.

O interior da construcción era escuro e frío e sabíao porque un aire inexistente, porque non o oira nin notara a súa presencia, trouxo un aire frío e apabullante, que faría tremer ao máis capacitado.

Inexplicablemente antes de morrer, cando lle preguntaron por que decidirá entrar, el dixo que o obrigaron cando admitira antes que non había ninguna persoa ao lado da porta.

E eu, o seu irmán, Miguel, estou decidido a saber que lle pasou.